Contaminación ría do Burgo

EU acredita na preocupación e valoración moi crítica feita comisión parlamentar europea que xirou visita nesta semana algúns dos buratos negros da xestión da Xunta de Galicia, caso da falla de saneamento das rías galegas e das agresións que seguen a sufrir de cote.

Esquerda Unida insta á Xunta de Galicia a iniciar de urxencia o saneamento da ría do Burgo. A esixencia vertida pola delegación europea relativa a que se precisa un dragado urxente e inmediato da ría do Burgo merece unha resposta dilixente e colaboradora da administración pública competente, o goberno galego. Basta xa de mentiras e de deixacións. Urxe unha fonda rectificación da política da Xunta de xeito que sexa unha prioridade o cumprimento da lei que prescribe o saneamento das rías, o saneamento da ría do Burgo.

As opinións interesadas do director de Augas de Galicia negando a situación de degradación case absoluta da ría e negando a veracidade das fotografías son elocuentes da cegueira e desinterese dese mal traballador do interese público que é Francisco Menéndez.

A covoceira de AGE no parlamento de Galicia, Yolanda Díaz, desenvolve unha iniciativa sobre a ría do Burgo a instancias do  consello político comarcal de esquerda unida na Coruña consistente en preguntar oralmente tanto na comisión como no Pleno do Parlamento galego Si “Vai a Xunta de Galicia a proceder a dragar de maneira urxente a ría do Burgo?

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indico que “levamos anos denunciando a situación na que se atopa a nosa ría, mentres a xunta e o goberno central tanto do PP como do PSOE miraban cara outro lado”.

EU chama a atención unha vez máis sobre os riscos para a saúde pública derivados da situación da ría do Burgo: a saúde pública, o medio ambiente, a calidade de vida da poboación residente na contorna e a calidade da auga, que sofre pola contaminación que emana dos lodos,  son motivos abondo para forzar a reacción inmediata da Xunta e xa que logo proceder ao dragado urxente da ría do Burgo.

Relacionados