Europa desautoriza a Xunta a depuración intensiva

 

Esquerda Unida xunto cos mariscadores da ría do Burgo, representados pola confraría de pescadores da Coruña, xa denunciaron naquel momento que o sistema non garantiría a calidade do marisco, que encarecía o producto o que obrigaba a reducir prezos en orixe e, o máis importante, expresaron as serías dúbidas que o tratamento desprende en canto a os posibles danos a saúde dos consumidores, xa que logo, rexeitaron publicamente en rolda de prensa a depuración intensiva.

 

Mentres a Xunta de Galicia, obviando o principio de precaución e desoíndo as denuncias de Esquerda Unida e mariscadores, continuo a xogar coa saúde da cidadanía tentando homologar o devandito tratamento de depuración intensivo.

 

Xa que logo, o eurodeputado de Esquerda Unida Willy Meyer desenvolveu unha batería de preguntas  á Comisión Europea a instancias do Consello Comarcal da Coruña e do Consello Local de Cambre.

 

Agora, a Comisión Europea ven a dar a razón a Esquerda Unida e aos mariscadores nas súas denuncias e informa na súa resposta diante da interpelación presentada por EU que non ten intención de autorizar o tratamento de depuración intensiva para comercializar marisco extraído en zonas de produción de clase C.

 

A Comisión Europea, asemade de informar de que levará a España diante do Tribunal de Xustiza por mala aplicación da directiva de augas en resposta a outra pregunta desenvolvida na interpelación de EU da que daremos conta en próximos días, informou que o laboratorio de referencia de la Unión Europea expresou as suas serias preocupacións sobre a posibilidade de eliminar a contaminación viral utilizando el tratamiento de depuración intensiva.

Relacionados