eu concello 1 copiar.gif - 18.89 Kb

Contratación transparente

 

O candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo Rubén Pérez deu lectura a un manifesto que recolle as propostas sobre contratación pública municipal de EU. O manifesto recolle as seguintes ideas:

“En 1979 este concello de Vigo viviu un proceso electoral no que concurriu unha das forzas que hoxe compoñen ESQUERDA UNIDA, o Partido Comunista de Galicia. Esta forza levaba entre a súa propaganda electoral un cartel no que se leía o lema: ENTRA NO CONCELLO. SACA OS ENCHUFES, un lema que hoxe 33 anos sigue tendo perfecta vixencia política.

Porque 33 anos despois seguimos tendo un concello sen contratación laboral transparente e obxectiva.

Porque 33 anos despois non temos seguridade de que accedamos todos e todas en igualdade de oportunidades: por méritos obxetivos como a preparación ou polo coñecemento avaliado mediante proba técnica, non pola afinidade política ou familiar.

Porque 33 anos despois seguimos denunciando unha Oferta Pública de Emprego na que non todos os homes e mulleres da nosa cidade parecen ter as mesmas oportunidades.

Porque a contratación directa dende os partidos políticos presentes na corporación é cada día mais inxente e inxusta. Porque defendemos impedir esta contratación para os procesos municipais quedando exclusivamente relegada ás asesorías internas de carácter político dos grupos municipais.

Porque contratas municipais seguen empreñando horas extras sen se que se esixa no plego da concesión a eliminación das mesmas para xenerar máis emprego e menos beneficio que acaba na economía especulativa.

Porque 33 anos despois non se teñen evaluado as potencialidades de ter un sector público municipal forte e activo fronte a crise do sistema capitalista.

Porque ante un concello todos e todas temos que ser iguais.

Porque 33 anos despois ti podes entrar no teu concello e sacar os enchufes votando a ESQUERDA UNIDA.”

Relacionados