Creación do Consello de Mobilidade

 

O Grupo Municipal de EU-V considera que o caos circulatorio vivido onte ven a demostrar a urxente necesidade dunha actuación integral en materia de mobilidade que facilite aos coruñeses e coruñesas reducir a utilización do vehículo privado a motor fomentando medios alternativos de transporte como a bicicleta, asemade de apostar decididamente por un transporte público colectivo económico e de calidade. 

 

Esquerda Unida insta ao Goberno municipal a crear con urxencia o consello de mobilidade Local ao considerar a participación cidadá fundamental para o éxito da execución de calquera plan de mobilidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é necesario acadar un amplo consenso, por iso esiximos ao Goberno coruñés que conte coa cidadanía para resolver o problema de mobilidade a través da participación da veciñanza, os movementos sociais, ecoloxistas e as distintas forzas políticas coruñesas”.

 

César Santiso afirmou que “na Coruña temos dúas grandes preocupacións: o desemprego e o estado caótico do tráfico, con todo semella que algúns só préstanlles atención durante as eleccións. Esquerda Unida pulará polo desenvolvemento de políticas que permitan mellorar estes aspectos, tal e como demanda a veciñanza”.

 

Finalmente Santiso expuxo que “o problema de mobilidade na Coruña non se soluciona con grandes infraestruturas a desenvolver en anos, deixando correr o problema, senón que se necesita vontade e valentía política. En Esquerda Unida a temos, proba de elo é o Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS) baseado nun transporte público amplo, eficaz e económico que evite a entrada masiva de vehículos particulares mediante a utilización de aparcadoiros disuasorios gratuítos nas principais entradas a cidade, ao tempo que permita reducir considerablemente a utilización dos coches dentro da cidade.

Relacionados