agua21.jpg - 23.39 Kb

Derrogación da Lei de augas de Galicia

 

A continuación podedes ler o texto presentado:

 

A aprobación da lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia, polo Parlamento Galego abre un panorama regresivo por canto avanza un modelo de xestión das augas do país caracterizado polo afán recadatorio e privatizador ao respecto dun ben fundamental como é o auga. O texto contempla varias cuestións que supoñen unha regresión sobre a actual situación e que moven a EU a recabar un pronunciamento a prol da súa modificación por parte dos concellos.

 

Queremos significar o enfoque social e sustentable que ten que rexer no que atinxe a salvagarda e acceso a un ben público fundamental. A Declaración da Asemblea da Auga tralo Foro Social Mundial de Belém o indicaba ao recoller o seguinte:

 

“ A auga en todas as súas formas é un ben común e o seu acceso é un dereito humano fundamental e inalienable de todos os seres vivos. A auga é un patrimonio das comunidades, dos pobos e da humanidade e da natureza: non é unha mercadoría. Rexeitamos as formas antigas e nova de privatización da auga, inclusive a asociación pública-privada, a privatización do servizo do saneamento e o manexo con lóxicas privadas das empresas públicas.”

 

“ A xestión da auga debe ficar no espazo público e comunitario, coa participación, equidade, control social, sen fin de lucro e non debe xerar violencia aos territorios preservando o ciclo da auga. “

 

Pronunciamento validado pola Asemblea Xeral das Nación Unidas, que en xullo de 2010 aprobou unha resolución na que se recoñece que a auga potable e o saneamento básico son dereitos humanos esenciais para o pleno goce da vida e de todos os dereitos humanos. Texto que concorda co Informe sobre Desenvolvemento Humano do ano 2006, que afirma que o dereito ao auga é un fin en si mesmo, asemade de medio para fundamentar e facer posibles outros dereitos humanos, caso do da educación, saúde e fogar digno.  

 

Salientamos estes pronunciamentos da comunidade internacional para referenciar a distancia do enfoque coa norma que se aproba no Parlamento Galego, unha lei de Augas que retrocede no sentido diferente, facendo deste ben fundamental un elemento recadatorio e cunha xestión crecentemente privada. En resumo, estamos diante dunha lei que reduce un ben fundamental, un dereito humano, a unha mercadoría.

 

A lei galega apróbase malia algunhas consideracións negativas que formula o Consello Consultivo de Galicia, no que afecta ao canon ao dubidar da súa oportunidade no actual intre de creise económica: “ Semella necesaria unha reflexión encol da oportunidade de incrementar a presión impositiva sobre a cidadanía, as familias e as empresas na conxuntura actual de crise económica.”

 

Incluso a propia Dirección Xeral de Tributos da Xunta advirte do carácter discriminatorio e inxustificado da disposición prevista para pagar as cotas pendentes ás piscifactorías, para recomendar outras solucións.

 

O Consello Comarcal quere chamar a atención en particular en dous aspectos da lei merecentes ao noso xuízo dun rexeitamento de plano: a aplicación do canon da auga por servizos non prestados, caso da veciñanza que non recibiu A veciñanza que emprega as traídas veciñais vai ter que aboar por servizos non prestados. Custos que poden triplicar o importa da factura da auga.

 

A función recadatoria delátase do contemplado na Memoria da Lei, que formula a previsión dun incremento dos ingresos derivados da recadación dun 100%, pasando dos 34 millóns de 2010 aos 68,4 millóns deste exercicio. De xeito paradoxal nos orzamentos da Xunta de 2011 se reduce a contía para o programa de infraestruturas e xestión de abastecemento e saneamento en máis de 28 millóns de euros, case un 22% con respecto á dotación inicial de 2010.

 

Lei que cómpre subliñar no pon a énfase na regulamentación dos usos da auga, nin nas estratexias para evitar a súa contaminación, nin na redución do consumo. A realidade do texto é que non achega novidade algunha no plano ambiental, ao limitarse a reproducir as obrigas estabelecidas na lexislación estatal e comunitaria.

 

Para EU semella necesario eliminar o título IV da devandita Lei, por canto formúlase nel a política de recuperación dos custos do servizo co canon. Política derivada da Directiva europea 2000/60 CE, que dispón no seu artigo 9 a recuperación dos custos dos servizos relacionados co auga. Son outros os criterios a dirixir a política se subministro e saneamento, non os da rendibilidade económica. Os parámetros social, ecolóxico e de solidariedade interterritorial son os chamados a desenvolver unha política do auga sustentable.

 

Lei que ten un segundo aspecto especialmente inquedante. Remuda a estrutura administrativa da xestión da auga, que adquire unha fórmula de dereito privado na meirande parte das súas decisións. O Consello Económico e Social no seu informe de maio afirmaba con rotundidade: “ Non se xustifica a oportunidade da creación da nova sociedade pública.” Esquerda Unida entende necesario desenvolver mecanismos de xestión do auga de carácter público, social e participativos, consonte co movemento que ao longo do planeta está a demandar a volta ao sector público e social dos organismos adicados a garantir este servizo público fundamental.

 

Lei que castiga sobremaneira ao rural do noso país, espazo tradicionalmente desatendido en materia de servizos de auga e saneamento, e o que agora si vén obrigado a pagar polos servizos non recibidos. Lei que desbota o que terían que ser medidas de bonificación para a veciñanza que vive no rural co obxecto de contribuír a favorecer o artellamento territorial do noso país.

 

Por todo isto Esquerda Unida propón ós Plenos dos concellos a seguinte proposta de

 

ACORDO

 

Primeiro.- O Pleno do concello insta á Xunta de Galicia a derrogar a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia, norma recadatoria e privatizadora dun ben público fundamental. En particular instamos a eliminación dos artigos 8 e 9 da lei e o título IV da presente Lei.

Relacionados