É tempo de República

Este 14 de abril conmemoramos o 89 aniversario da proclamación da II República, como resposta da cidadanía a un cambio de modelo de estado para construír unha sociedade moderna e democrática baseada na libertade, nos dereitos humanos e xustiza social.

Esta foi a base sobre a que se asentou a República e nos esquecemos as consecuencias que levaron á reacción sanguenta que conduciu a unha dictadura, un ano máis esiximos Verdade, Xustiza e Reparación, para as vítímas que foron asasinadas por defender os valores da República.

Neste momento de pandemia, o Covid19 puxo en evidencia o sistema político e social existente, o desmantelamento dos servizos públicos por parte das políticas privatizadoras e mercantilistas colócanos nunha situación de febleza para cos dereitos da cidadanía. Preservar e reforzar o público, sobre todo a sanidade debe ser unha obriga.

Neste contexto de crise,  se confirmaba que Juan Carlos de Borbón ocultaba cifras millonarias en paraísos fiscais procedentes presuntamente de actividades delictivas. O seu fillo e actual monarca Felipe VI era coñecedor desta situación. A monarquía foi corrupta ao longo da súa historia.

Unha institución arcaica que se acolle ao dereito de sangue para convertir ao rei en figura inmune ante a Lei, vulnera a igualdade de dereitos de todas as persoas, e é inxustificable no século XXI. A monarquía non respeta o principio de igualdade.

Dende Esquerda Unida defendemos a República como a mellor ferramenta para a defensa da democracia e dos dereitos da maioría traballadora. Unha República baseada na defenda os valores da Igualdade, Liberdade, Laicidade, Xustiza e Solidariedade.

Este 14 de abril,  reivindicamos dende as nosas casas  a  defensa dos nosos dereitos, e chamamos a toda a cidadanía a sumarse e ampliar a base social de cara á III República.

https://www.youtube.com/watch?v=JA7DvdSCAVg&feature=youtu.be

 

Relacionados