ferrol.gif - 5.79 Kb

Emprego Ferrol

 

A situación de falla de nova carga de traballo  sitúa nunha encrucillada moi grave á nosa cidade e comarca, porque vai ter repercusións  moi graves sobre o emprego tanto na plantilla das empresas auxiliares canto na propia plantilla da antiga Bazán, se non se acometen medidas que propicien e faciliten o encargo de novos pedidos e traballos.

 

Javier Galán reclama en particular a adquisición dun dique flotante, que permita atender aos novos pedidos  no sector de carenas e aos novos buques que xa teñen unha manga superior a do dique de maior tamaño do estaleiro público ferrolán.

 

Esquerda Unida considera un elemento clave do compromiso do Goberno do Estado con Ferrol  a asunción pola SEPI da proposición elaborada pola nosa organización consistente na adquisición dun dique flotante.

Con máis de cinco mil empregos directos e un número aínda maior de emprego asociado e indirecto, Esquerda Unida esixe do Goberno do PSOE un  compromiso real e efectivo para que  se habilite unha partida orzamentaria que permita a compra do dique e máis tamén a cubrición do outro dique do estaleiro.

 

As dúas liñas de actuación que propugna Esquerda Unida pasan, xa que logo, tanto pola mellora dos actuais equipamentos do estaleiro público ( investimento en formación bruta de capital fixo ) e máis nunha acción do Goberno conducente a propiciar  nova carga de traballo para Ferrol.

 

Reclamamos tamén que o Goberno Municipal asuma unha interlocución esixente co Goberno do Estado para que se implique nunha cuestión crucial para a nosa cidade.

 

Ferrol ten dereito a que o Goberno do Estado asuma un esforzo de capitalización dunha empresa pública que xoga un papel fundamental na vida económica de Ferrol e comarca.

Relacionados