A presentación terá lugar no Auditorio Municipal de Cedeira, ás 19:30 horas, do domingo 10 de abril. Salientar que esta presentación marca un fito para a esquerda cedeirense xa que dende 1936 non se presentaba candidatura nesta vila.
A candidatura de Cedeira expresa o compromiso dun conxunto de mulleres e homes novos quen de empurrar un proxecto de cambio social en Cedeira e cun fondo compromiso ético e de esquerdas. Candidatura de mulleres e homes novos e traballadores, quen de producir un volco e transformación nas maneiras e nos contidos da acción pública do concello cedeirense.
Christian Mera González encabeza unha candidatura que expresa a determinación de construír unha vila distinta, inspirada nos valores de solidariedade e igualdade propias da esquerda transformadora. Unha candidatura nova e alternativa para facer as cousas doutra maneira, ao servizo das veciñas e veciños.
Xunto ao primeiro candidato interviránno acto de presentación desta candidatura Alejandro del Río Bellón, Coordinador local de Esquerda Unida de Cedeira e Yolanda Díaz Pérez, Coordinadora Nacional de EU. A presentación vai correr a cargo de Manuel Bustabad Rey, que fora o Secretario Xeral do Sindicato Libre da Mariña Mercante.
O programa electoral séguese a elaborar a partires das xuntanzas de traballo e reunións coa veciñanza da vila para achegar unha proposta programática completa e acaída a realidade específica de Cedeira.