Esquerda Unida ante o recoñecemento ás vitimas do 10 de marzo do 72 en Ferrol.

Esquerda Unida valora moi positivamente o recoñecemento a Amador e Daniel, asasinados polo aparato franquista o 10 de marzo do 1972 en Ferrol.

Lino Costas: “ Alén do recoñecemento de tódalas vítimas do franquismo, quédanos moito camiño por percorrer cara a un sistema con plenas garantías democráticas”.

Compostela, 11 de marzo do 2026.

O Consello de Ministros aprobou no día de onte, 10 de marzo, unha declaración institucional de recoñecemento ás vítimas da represión franquista o 10 de marzo de 1972. “Lembremos que naquel momento, dous traballadores de Bazán en Ferrol, Amador e Daniel, foron salvaxemente asasinados polas forzas represoras franquistas, así coma outros centos de traballadores heridos por arma de fogo cando estaban manifestandose pacíficamente nunha mobilización obreira solidaria” relata Lino Costas, coordinador nacional de EU.

Dende Esquerda Unida “congratulámonos deste recoñecemento aínda que consideramos que queda moito por facer – expón Costas -. Os vestixios da ditadura franquista aínda perduran en España, comezando pola xefatura hereditaria do estado, algo que consideramos absolutamente necesario eliminar para comezar o camiño cara a unha república realmente democrática”.

Relacionados