Esquerda Unida apoia a mobilización deste domingo 9 en Compostela contra o desmantelamento da sanidade pública

Esquerda Unida súmase e chama a participar na manifestación, de SOS Sanidade Pública, que reivindica a necesidade de ter unha sanidade pública e de calidade ante o desmantelamento desta por parte das políticas de Núñez Feijóo.

A mobilización terá lugar o vindeiro domingo 9 de febreiro en Compostela e saerá dende a Alameda de Santiago para percorrer as principais rúas da cidade ata a praza da Quintana. 

A política sanitaria da Xunta de Galicia, presidida por Feijóo, está baseada no desmantelamento de hospitais comarcais, o abandono dos Centros de Atención Primaria, a ocultación e manipulación das listas de espera, a precarización e explotación do persoal e a privatización, unha situación que está levando á sanidade pública a un punto de difícil retorno.

As protestas da Atención Primaria, o levantamento da poboación de Verín contra o peche do paridorio do seu hospital, as protestas de nais e pais contra a falta de pediatras… son algunhas das manifestacións do malestar cidadá e profesional fronte esta crise sanitaria.

Por todo isto, dende Esquerda Unida chamamos á saír ás rúas por unha sanidade pública e de calidade e contra o seu desmantalemento.

 

Relacionados