Según a Concelleira de EU Cambre, Olga Santos, aproveitando que dende o Goberno Central veñen de ser publicados uns 30 bens inmobles inmatriculados pola Igrexa no Concello de Cambre, “é o momento para que o Goberno municipal inicie un expediente no que se estude a viabilidade de solicitar a anulación das inmatriculacións que procedan e, no seu caso contemplar a posibiliade de reclamar o pago do IBI naqueles inmobles que non estean destinados ao culto”
Temos no Concello inmatriculadas parcelas, casas rectorais e fincas rústicas que a Igrexa Católica rexistrou grazas a unha lei franquista ampliada polo Goberno de Aznar, que da valor á declaración dun Obispo para que os bens poidan inscribirse ao seu nome no Rexistro da Propiedade. A Igrexa non é un organismo público e, polo tanto, dende EU coidamos que ditas inmatriculacións deberían ser declaradas nulas. Entre tanto, a publicación do listado, abre a vía da consulta das inmatriculacións no Concello de Cambre e a posibilidade de reclamación dos mesmos no caso de conflicto sobre a súa titularidade.
Compre sinalar que tampouco concordamos coa “invitación” do Goberno Central a que calquera persoa física ou xurídica reclame por vía administrativa ou pola vía dos tribunais porque estaríanse promovendo miles de litixios xudiciais cunha entidade que rexistrou como propios, bens que son públicos.
Na lista feita pública polo goberno central hai igrexas, ermitas, fincas rústicas e urbanas, casas retorais e tantas outras categorías que pouco ou nada teñen que ver coa actividade relixiosa.
Dende EU entendemos que o Concello de Cambre debe estudar tanto as inmatriculacións, para poder revocalas e lexislar para blindar a propiedade dos bens de carácter público e garantir o cobro do imposto correspondente.
Neste sentido, pediremos a apertura deste expediente no pleno ordinario do mes de Febreiro que será celebrado o xoves 25.