Esquerda Unida respalda cun 90 por cento de apoios o documento de Alberto Garzón de cara á XII Asamblea Federal de IU

Esquerda Unida vén de celebrar a asemblea nacional previa á XII Asamblea Federal de IU que terá lugar os días 26 e 27 de marzo e na que se elixirá a dirección federal para os vindeiros catro anos.

Tras o proceso de debate dado nas asembleas de base de Esquerda Unida iniciado no mes de novembro de 2020, hoxe tivo lugar a asemblea nacional na que se debateron as enmendas presentadas aos documentos político, organizativo e estatutario.

A asemblea nacional que se realizou de forma semipresencial, atendendo ás restriccións sanitarias, arrancou co saúdo da Coordinadora Nacional, Eva Solla, quen destacou a importancia deste debate que marcará o futuro inmediato da organización federal.

A proposta política presentada por Alberto Garzón, «Avanzando hacia la República. Una IU para un nuevo país» obtivo o 90,3 %  dos apoios da asemblea galega, quen elexíu á súa vez a delegación que participará na XII Asamblea Federal de IU que terá lugar en marzo.

Relacionados