Esquerda Unida considera o ataque á educación como rasgo definitorio de inicio de curso

Incremento da privada e desmantelamento da pública

Curiosamente a Xunta segue a recortar na educación pública mentres incrementa o orzamento para a ensinanza privada-concertada, modalidade de xestión que multiplica os gastos de escolarización para unhas familias golpeadas pola crise económica.

No DOG 17 do agosto a Consellería incrementaba un ano máis o número de unidades concertadas con centros privados, cun incremento neto de 5 unidades en educación primaria e 19 unidades concertadas máis na FP (en boa medida como consecuencia da ampliación dos concertos ao segundo curso da FP Básica) unha delas nun dos centros que discrimina o alumnado por xénero.

En contraposición, nos catálogos de educación infantil e primaria (DOG 27 de xullo) a Xunta suprime para este curso no rural trece escolas públicas (82 aulas e 122 prazas de profesorado), cunha tendencia clara a continuar cos recortes no número de docentes nomeadamente no profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) poñendo en perigo a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Electoralismo, e xestión ineficaz e antisocial nas axudas aos libros de texto

A Consellería segue sen restablecer a gratuidade universal dos libros de texto existente ao acceso do PP ao goberno da goberno da Xunta.

Para este curso 2015-16 a Consellería optou por un sistema mixto de empréstamo-cheque, rexeitado de forma unánime polas federacións de ANPAS, e que establece como criterio para o dereito á gratuidade pertencer a familias con ingresos per cápita inferiores a 9.000€. Deste xeito a Consellería de Educación ven a recoñecer a ineficiencia do seu modelo anterior de “cheque”, avogando por unha versión moi limitada dos bancos de libros universais anteriores á súa xestión.

A Consellería establece, iso sí, tras o batacazo das eleccións municipais, unha medida con claros tintes electoralistas con: axudas de 50€ á adquisición de material escolar. Outra vez aplicado con criterios moi restrictivos: para aquel alumnado pertencente a familias cuns ingresos per cápita igual ou inferiore a 5.400€ e claramente insuficiente ao situarse o gasto medio por alumno, só en material escolar a principio de curso en torno aos 100€.

Relacionados