EU critica que o PP rebaixe sen pudor a calidade da sanidade pública

Segundo a deputada, “en Galicia, os incumprimentos do PP en canto a materia de infraestruturas son cuantiosos: dende centros de saúde sen rematar, como é a ampliación do Salnés que corre risco de perder até os fondos europeos (FEDER) e desaparecer , pasando por moitos outros exemplos que evidencian que o PP prefire facer negocio a costa da saúde da cidadanía antes que volcarse en axudar ás persoas usuarias ou mellorar a Sanidade Pública en si mesma”.

Lamentable espectáculo en Vigo

Sen dúbida, o tema máis alarmante volve a ser o Hospital de Vigo, “onde o PP segue a dar un lamentable espectáculo”, critica Solla. E recorda: “Mañá cúmprese unha semana desa gran manifestación que reuniu a 200.000 persoas nas rúas de Vigo e, a día de hoxe, o presidente da Xunta de Galicia segue sen comparecer perante os medios de comunicación e diante as galegas e galegos para dar a cara ante a situación que se está a vivir. Nós xa solicitamos, no seu momento, a dimisión fulminante da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e temos que agardar ata ao pleno da vindeira semana para que esta señora teña a máis mínima dignidade para dar explicacións desta situación”.

“O transporte público, anunciado esta semana polo PP, é un exiguo parche á situación actual, porque se non se resolve o concerto coa concesionaria teremos durante 20 anos unha explotación dun parking que non é noso”, criticou.

“A vindeira semana, no Pleno, parece que se debaterá a petición formulada por AGE e BNG, para crear unha comisión de investigación para esclarecer todas as irregularidades detectadas no Novo Hospital de Vigo, que o PP xa dixo que votará en contra, iso é a súa política: agocharse e facer uso do escurantismo que vén practicando dende que entraron na Xunta de Galicia, creando unha sanidade de terceira cando tiñamos unhas das mellores do mundo”, remata a deputada.

 

Dende Esquerda Unida recordamos que as políticas de recortes deixan situacións moi difíciles para as persoas que agardan por unha intervención e mostran o máis forte desprezo aos pacientes afectados que financian cos seus impostos un sistema sanitario público, non un negocio para os amigos do PP a costa da saúde da cidadanía. 

Relacionados