Esquerda Unida repulsa o asasinato machista ocurrido en A Coruña e chama a sumarse ás concentracións convocadas polos colectivos feministas

Esquerda Unida, unha vez máis, manifesta a súa condena máis rotunda á violencia machista, que cobrouse onte unha nova vítima en A Coruña, unha muller de 57 anos que foi asasinada polo seu cónxuxe, detido como presunto autor do crime.

Se ben os medios apuntan a que a muller padecía unha enfermidade terminal, para nós é un asasinato machista sen xustificación. Por iso, dende Esquerda Unida condenamos este asasinato, así como a falta de políticas reais e as insuficientes respostas institucionais para combater á violencia machista, que segue acabando coa vida das mulleres.

Dende Esquerda Unida sumámonos e chamamos á participación nas concentracións convocadas polos colectivos feministas. Por último, lembramos que é esencial comprometerse de xeito real e transversal coa para erradicar a violencia machista, xa que é estrutural e afecta a tódolos ámbitos das nosas vidas.

Relacionados