Loreto Taibo, membro da dirección nacional de Esquerda Unida, estivo esta mañá na concentración, convocada por CCOO, fronte ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en rexeitamento da sentenza do Tribunal Constitucional que avala o despedimento por enfermar, consecuencia directa da reforma laboral do PP de 2012.
Segundo explicou Loreto Taibo, “esta situación vén dada en orixe pola reforma laboral do Partido Popular no ano 2012. Recentemente, unha sentenza do Tribunal Constitucional avala concretamente este artigo 52 b do Estatuto dos Traballadores que foi modificado polo Partido Popular. Isto supón que un dos máis altos Tribunais do noso país considera que os intereses empresariais están por riba dos dereitos da saúde das persoas”.
Ante este panorama, dende Esquerda Unida volvemos a saír hoxe ás rúas, esta vez na Coruña, para apoiar ás traballadoras e traballadores que xa están a sufrir estas situacións e exiximos a derrogación das dúas reformas laborais, así como a modificación inmediata deste artigo, que permite o despido por estar enfermo.
Esquerda Unida reitera que a sentenza do Tribunal Constitucional criminaliza ás e aos traballadores que se poñen enfermos e limita o dereito á incapacidade temporal xustificada por prescrición médica, o que deixa por riba a liberdade de empresa antes que a saúde das e dos traballadores.
Audio de Loreto: