Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes concentracións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública que terán lugar hoxe, mércores 13 de xuño, a prol da defensa da nosa sanidade contra o saqueo e casos continuos de privatización postos en marcha polo goberno corrupto do PP.
Dende Esquerda Unida denunciamos en reiteradas ocasións que a privatización dos servizos públicos por parte do PP só prexudica ao interese xeral e beneficia ao lucro das empresas privadas. Exemplos deste desmantelamento constante os atopamos diariamente en novas que asumen que o sistema sanitario camiña nunha senda de privatización. Por iso, facemos un chamamento á cidadanía coa fin de frear o desmantelamento da nosa sanidade pública e a favor dun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade.
Podedes ver os lugares no cartel:


![18 de decembro, Día Internacional das Persoas Migrantes [Manifesto]](https://esquerdaunida.org/wp-content/uploads/2017/12/migrantes-2-e1513602998664-150x150.jpg)
![Esquerda Unida reivindica no Día das Persoas Migrantes unhas políticas migratorias baseadas nos dereitos humanos [Manifesto]](https://esquerdaunida.org/wp-content/uploads/2018/12/joben-by-ne-e1545136312167-150x150.jpg)




