Esquerda Unida súmase e chama a participar nas mobilizacións contra o Golpe de Estado en Bolivia e de apoio ao pobo boliviano

Dende Esquerda Unida sumámonos e chamamos a participar nas mobilizacións que terán lugar por toda Galicia, de apoio ao pobo boliviano, a prol da lexitimidade do partido Movimiento Al Socialismo (MAS) e do goberno lexítimo de Evo Morales como presidente.

Dende Esquerda Unida denunciamos e condenamos o Golpe de Estado en Bolivia, reclamando o cese inmediato da violencia e a represión. Tras este golpe, están os intereses dunha dereita vinculada e dirixida pola oligarquía tradicional e grupos integristas relixiosos, que non tiveron ningún reparo en desatar unha tremenda violencia no país para lograr a dimisión de Evo Morales e impedir a continuidade da democracia.

Ante a gravidade destes acontecementos, Esquerda Unida expresa a súa firme condena ao Golpe, así como a persecución, violencia fascista e asasinatos que están a levar a cabo os golpistas e esixe o cese inmediato da represión e da violencia. Por iso, dende Esquerda Unida chamamos a encher as rúas e participar nestas concentracións galegas o xoves 21 de novembro.

 

Máis información en: https://manifestogaliciaconbolivia.wordpress.com/

 

Ver as mobilizacións: 

 

Relacionados