EU e Encontro por unha Marea Galega consideran que o escenario permite a posibilidade de unha candidatura de unidade popular

Tamén houbo coincidencia en sinalar que o proceso debe avanzar e comezar a concretarse canto antes, superando a actual fase de fixación de posturas de cada parte.

Neste sentido, por parte de Esquerda Unida expresouse unha posición favorable á que se concrete o encontro proposto aos diferentes actores políticos desde Encontro por unha Marea Galega nesta rolda de contactos, quedando pendentes dos avances que se produzan na definición do mesmo.

Polas dúas partes decidiuse manter abertos os contactos para continuar intercambiando opinións e propostas en aras da construción deste proceso.

Relacionados