A manifestación que chegou ata a Praza Maior, diante do Concello, contaba con máis de 3.000 asistentes e estaba secundada por decenas de asociacións, organizacións e agrupacións.
Os manifestantes esixíronlle á Xunta que non se discriminase a Ourense en materia sanitaria e que non se mirase cara outro lado en temas tan importantes como a situación do psiquiátrico de Toén ou a construción dun novo hospital.
Dende E.U. en Ourense participamos activamente na Plataforma SOS Sanidade Pública para que a situación troque e podamos dispor de novas infraestruturas sanitarias para que os nosos veciños teñan a sanidade que merecen.
Os compañeiros de E.U. denuncian a hipocrisía de certas partidos políticos que nada fixeron na plataforma en prol da sanidade, e que atacaron ós convocantes desta manifestación, a pesar de que as organizacións que estamos dentro da plataforma, entre elas E.U. traballamos con todas as nosas forzas por un obxectivo claro e firme, defender a nosa sanidade, defender a sanidade de todos os veciños, defender a sanidade de Ourense.