EU lamenta a morte do preso político Brahim Saika, despois de caer en coma a raíz da folga de fame

Dende Esquerda Unida lamentamos a morte de Brahim Saika, un activista que levaba máis dun mes en folga de fame, mentres, mostramos a nosa repulsa á negación de asistencia sanitaria que se está a dar a estes activistas. Na mesma senda, reiteramos o apoio absoluto aos presos políticos, concretamente, cando se cumpren cinco anos e medio dende a detención arbitraria da loita pacífica contra a ocupación marroquí do grupo de Gdeim Izik e tres anos desde que fosen condenados por un tribunal militar marroquí a sentenzas de entre 25 anos e cadea perpetua.

A folga de fame na que faleceu este activista fora retomada o pasado 1 de marzo. Folga que se prolongou durante máis dun mes, ata a actualidade, unha reivindicación na que a asistencia sanitaria se negara e que, tristemente, chegou de forma tardía.

Dende Esquerda Unida só temos palabras para seguir a asombrarnos coa valentía das e dos manifestantes saharauís que, aínda desafiando a Marrocos, seguen a saír ás rúas para apoiar e denunciar a situación do propio Sáhara.

Neste senso, recordamos ás forzas do cambio qué é o momento de traballar xuntas para que Marrocos comeza a obedecer a lei e as regras do xogo democrático. Despois de anos de ocupación ilegal e violacións dos dereitos humanos da poboación saharauí, Marrocos ten a oportunidade de demostrar que ten un mínimo de respecto por estas persoas, por exemplo, liberando a estes presos políticos de inmediato e poñer fin a esta terrible situación que están a vivir.

 

Relacionados