Nesta ocasión tócalle a quenda a General Sanjurjo onde por segunda vez se cambian as novas beirarrúas debido a os colapsos de tráfico que estaban a provocar. Para Esquerda Unida a devandita eiva débese a improvisación e falta de diálogo do Goberno Local. Primeiro foi a parada de buses situada a altura da fábrica de tabacos e agora a zona de estacionamento de taxis a que hai que cambiar.
O consello comarcal de eu Coruña considera que si a actuación se tivese consensuado coa veciñanza e demais axentes implicados, aforraríanse cartos públicos, molestias a cidadanía e tempo de execución.
O Coordinador Comarcal de EU, Cesar Santiso, indicou que “esta nova eiva do concello pon en valor a nosa proposta de democracia participativa. A cidadanía a través das Asembleas de barrios e Comités de distrito ten moito que dicir”.
Así, César Santiso expresou a necesidade de articular unha democracia participativa real na cidade coruñesa para que os investimentos en infraestructuras nos barrios sexan elixidos pola veciñanza que é quen máis coñecemento práctico ten sobre as necesidades do seu propio barrio, así as Asembleas de barrio terían a potestade de asignar democraticamente orzamentos as distintas actuacións dos seus barrios, segundo uns orzamentos xerais destinados a participación cidadá que define o Pleno do concello e distribúense segundo acorde o Consello de barrios formado por membros elixidos democraticamente en cada Comité de distrito.