Os asistentes ao pleno, entre os que se atopaba, como é habitual o Coordinador Comarcal de EU César Santiso, tiveron que escoitar insultos entre bancadas, así dende a bancada popular o concelleiro Miguel Lorenzo chegou a chamar “delicuentes” a membros da corporación, feito que ben podería ser constitutivo de delito, e dende a bancada do PSOE a concelleira de Urbanismo, Obdulia Taboadela, en relación coa indemnización que o concello debe pagar segundo orde xudicial, despachouse cun “intereses espurios de 8 cidadáns”, nunha clara demostración do pouco respecto polo estado de dereito que esta corporación amosa.
O Pleno, diante da manifesta incapacidade do Goberno municipal para desenvolver propostas de interese para a cidadanía, limitouse a aprobación de actas anteriores e a presentación de mocións e preguntas por parte do PP, xa que parece ser que nin o PSOE nin o BNG comezaron o ano con ganas de traballar, a pesares dos zumentos incentivos económicos dos que dispoñen os cargos públicos coruñeses.
Nas dúas primeiras mocións, o bipartito, como é habitual, pasou o rodete da maioría impedindo o seu trámite e o conseguinte debate. A primeira solicitaba a creacións de distintas comisións de investigación para dirimir responsabilidades políticas nas irregularidades urbanísticas de Someso, Ofimático e o edificio de Fenosa. Esquerda Unida, na procura da transparencia da vida política e loita contra as irregularidades, apoia a devandita moción. Mentres que na segunda moción pulaba pola recuperación das axudas de 426 € para os desempregados de longa duración que xa rematasen a percepción convencional.
Esquerda Unida rexeita a negativa do bipartito a instar ao Goberno de España a recuperar a prestación por desemprego, a pesares de que o 10% dos coruñeses atópanse en risco de exclusión social. Neste senso á saída do Pleno desenvolvido en María Pita, César Santiso declarou “o Goberno coruñés está desnortado, semella inaudito que o PP lle adiante pola esquerda, a través de mocións a prol da maioría social que son rexeitadas polo PSOE e BNG. Na Coruña falta esquerda”.
O PP, na terceira e última moción, solicitaba o apoio para a flota de arrastre, que ven de presenciar unha redución do 93% do número de capturas da bacaladilla, polo que solicitaba que se renegocie ao alta o número de capturas, e finalmente que se impulse un estudo pesqueiro do noroeste a través do instituto oceanográfico, para coñecer con exactitude a situación a que se vai a afrontar o sector nos vindeiros anos. Nesta ocasión tanto o PSOE como o BNG aceptaron levar a tramite de urxencia a moción, pero coa única intención de amosar de palabara, que non con feitos, o seu apoio a flota. Así ambos grupos municipais indicaron que non votaban a favor por presentala a última hora e porque había outras vías. No caso do PSOE tamén argumentouse que se metía co Goberno de España e con Zapatero.
Dende Esquerda Unida, consideramos inaceptable a postura de PSOE e BNG que din que apoian a flota pero néganse a apoiar a moción por ser do PP, ni tan sequera negociar a súa modificación para que puidese saír adiante a vista da coincidencia no espírito da moción. Si ben e certo que dende EU defendemos unha pesca sostible e na exposición de motivos existían varios puntos de desacordo coa postura do PP, de seguro que, no caso de ter a representación no concello que esperamos ter na vindeira lexislatura, seríamos quen de negociar e chegar a un acordo que permitise sacar adiante a iniciativa.
Xa que logo, o consello Comarcal de EU Coruña denuncia que PSOE e BNG actuaron no pleno de hoxe en base a criterios partidistas en lugar de facelo segundo a ideoloxía e programa co que a cidadanía os apoiou.