Moción impostos ós caixeiros automáticos

 

Según o fallo do Alto Tribunal, os caixeiros automáticos “constituyen auténticas oficinas de urgencia de las entidades financieras” que ofrecen servizos de forma continua e obteñen o conseguinte proveito económico. A sentenza do Supremo considera que a maior intensidade no uso do espazo público proporciona ás entidades de crédito un beneficio específico e exclusivo que poderá ser gravado con taxas locais.

 

A sentenza senta así xurisprudencia para outros procesos abertos entre entidades bancarias e algúns concellos, que actualmente aplican tarifas que van desde os 532 euros ata os 90 euros por caixeiro e ano. O Supremo desestima a impugnación da CECA e da vía libre a tódolos municipios. O Tribunal Supremo (TS), nunha sentenza do 11 de febreiro de 2009, avala que os concellos cobren ás entidades financeiras unha taxa polos caixeiros automáticos que se sitúan na vía pública, ademais, con independencia de que o caixeiro se prolongue por detrás da fachada, según se desprende do escrito.

 

O Alto Tribunal desestima ol recurso de casación interposto pola patronal de caixas, CECA, e confirma a legalidade da ordenanza que un determinado concello cobra por esta taxa. En esta a súa primeira sentenza o respecto, o TS crea xurisprudencia, e recoñece que nestes supostos existe unha utilización especial do dominio público que beneficia á entidade financeira, e que xustifica, polo tanto, o cobro de dito importe por parte dos concellos.

 

É unha nova taxa que terán que aboar os bancos e as caixas, sen perxuicio para o consumidor, “ya que son los que se enriquecen de esa utilización del dominio público, y no los usuarios”. O Alto Tribunal argumenta que se no existira a actividade nas rúas ó utilizalos caixeiros non existiría tampouco o servizo prestado, cuxo desenvolvemento, ademais, é trasladado dende o interior da oficina bancaria á vía pública. Ademais, utilizase o dominio público para algo “especial”, ben distinto do uso xeral colectivo da vía pública.

 

Por todo isto, o consello comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDO

 

Primeiro. Elaborar e aprobar a ordenanza fiscal reguladora da taxa por instalación de caixeiros automáticos nas fachadas dos inmobles con acceso directo dende a vía pública

Relacionados