EU saúda que o PSOE avale o PIMUS

 

O consello comarcal de EU Coruña lembra que xa fai medio ano que presentou a proposta de aparcadoiros disuasorios conectados mediante transporte público colectivo cos puntos neurálxicos da cidade, para evitar a entrada diaria de miles de vehículos, os ditos aparcadoiros situaríanse nas entradas da cidade e na intermodal.

 

O coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, indicou que “si as propostas achegadas por Javier Losada en canto a mobilidade non son meros brindis ao sol, pode contar co total apoio de Esquerda Unida para o seu desenvolvemento”. Porén Santiso puntualizou “é necesario acadar un amplo acordo social en canto a mobilidade por iso esixiremos participación cidadá nun tema tan transcendental para a veciñanza coruñesa.

 

Esquerda Unida saúda que o PSOE local asuma as propostas do Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS) desenvolvido participativamente entre EU e distintos colectivos sociais, o cal incorpora os seguinte eixos:

 

  Creación de aparcadoiros disuasorios gratuítos nas entradas da cidade conectados mediante transporte público en carril bus para evitar a entrada de miles de vehículos.

  Implantación do billete único progresivo diario que permita a utilización universal do transporte público. Pago do billete no primeiro viaxe e so o 10% en cada transbordo .

  Creación de liñas concéntricas que permitan a mobilidade entre barrios.

  Substituír a rede de tranvías turísticos por unha moderna para facela operativa.

  Implantación de amplas redes de carril bus e carril bici en consenso coa veciñanza.

  Ampliación do servizo de aluguer de bicicletas a todos os barrios. Asemade incorporar en cada punto de aluguer un aparcadoiro para bicicletas e outro para motocicletas.

  Canalización da circulación polas rúas principais de cada barrio, prohibindo o tránsito nas rúas interiores salvo para residentes, transporte público e carga e descarga.

  Loitar contra a dobre fila.

  Acordos supramunicipais para coordinar e mellorar o transporte metropolitano e recuperar o tren de proximidade.

Relacionados