ferrol.gif - 5.79 Kb

Presentación programa de cultura

 

 

Nun acto público presentado por dous referentes da cultura en Ferrol, Guillermo Ferrández  e Karlotti, as mulleres e homes que teñen participado na súa elaboración daranse cita xunto con amigas e amigos e simpatizantes  este vindeiro martes para explicar e desenvolver de vagar os contidos e liñas de actuación fundamentais que Esquerda Unida propón para os próximos catro anos. Proxecto que de seguro supón unha pequena mais decisiva revolución cultural na nosa cotidianeidade no eido  cultural.

 

O poeta e catedrático de literatura, ensaísta e home comprometido cos valores e propostas de Esquerda Unida, Luís García Montero, terá unha presenza protagonista nesta presentación pública onde de certo  contaranos os vencellos fulcrais que xunguen a cultura e a esquerda. O seu amplo currículo promete unha intervención clarificadora e do maior interese para as persoas que valoran a cultura como unha ferramenta de emancipación social e nacional.

 

Esquerda Unida anima á cidadanía interesada a achegarse a Cazadores para nun ambiente propicio á cercanía e o lecer compartir e charlar das propostas e iniciativas que EU presentará nas vindeiras eleccións municipais de maio no eido da cultura, onde xa o noso breve paso por esa responsabilidade neste mandato deu sinais certas de cambios de importancia cara o porvir da acción cultural pública en Ferrol.

 

Ás  persoas que asistan se lles repartirá editado un resumo das liñas de actuacións fundamentais  que presidirán a acción cultural pública de termos a responsabilidade de desenvolver responsabilidades públicas no vindeiro mandato.

 

 

 

Relacionados