EU-V asume as propostas da Coordinadora Galega de ONG

 

O devandito anuncio tivo unha grande acollida entre o público asistente, máis se cabe cando puideron observar como o discurso de EU-V era alternativo e transformador e atacaba directamente a raíz do problema, así o coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, afirmou que “non so asumimos as propostas da coordinadora senón que no noso programa aínda afondamos máis cara a sustentabilidade social e medioambiental”.

 

Así, o público asistente saudaba as propostas de EU-V ao observar que eran con diferenza as máis alternativas e sustentábeis tanto dende o punto de vista social como medioambiental, en contraposición coa morneza das achegadas polo PSOE e máis o PP.

 

Agora, logo do proceso de incorporación e maquetización, Esquerda Unida anuncia que inclúe no seu programa as propostas para un futuro ecosocialmente sustentable desenvolvidas por a Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais.

 

Finalmente, o consello comarcal de EU Coruña, fiel a democracia participativa que defende, afirma que ten a intención de asumir aínda máis propostas do tecido social para incluír no seu programa electoral.

 

Ver anexo coas propostas da coordinadora galega de ONG recollidas no programa

Relacionados