Alegacións ao proxecto do polígono de Leixa

 

En congruencia coa  que vén sendo a nosa posición, Esquerda Unida  argumentou un conxunto de razóns medio ambientais, de saúde pública e de racionalidade económica e ecolóxica para amosar o noso rexeitamento ao proxecto de polígono en Leixa.

 

O Coordinador local de EU, Ignacio Allegue,  baseou as razóns de Esquerda Unida para opoñerse ao proxecto  a partires do indudable impacto  físico e ambiental derivado da súa hipotética  execución, que no propio documento a exposición se cualifican como severos. Os dous ríos do regato da Fonteiroa e o Rego de Leixa, o conxunto de especies animais amezadas e que están consignadas no Catálogo de Especies Ameazadas, a extraordinaria fertilidade do solo afectado, os bosques de ribeira da zona en cuestión, etc., despuntan como  elementos comprometidos de executarse o proxecto.

 

Esquerda Unida salienta tamén a realidade da falla de demanda nun intre onde a propia Xunta está a estudar a racionalización dos polígonos, diante da existencia de preto de 1,9 millóns de metros cadrados baleiros, case o 25% da actual superficie de solo industrial da comunidade.

 

Consideracións de saúde pública  impoñen tamén o deber da prevención, por canto a área que se quere adicar a parque empresarial  atópase colindante co complexo hospitalario da cidade de Ferrol e incluso dunha área escolar. Entendemos que tal ubicación non semella racional nen aceptable tamén baixo este epígrafe.

 

Esquerda Unida fai un chamado á responsabilidade  dos responsables públicos implicados e partidarios do polígono para que rectifiquen e preserven unha zona de grande riqueza ambiental para a nosa cidadanía.

Relacionados