Posible atentado contra a saúde pública

 

 

Esquerda Unida considera a devandita actuación como un posible atentado contra a saúde da cidadanía, pois o feito de que a Consellería do Mar reclasificase, sen os perceptivos análises, zonas como aptas para o marisqueo, ven a supoñer unha actuación irracional, ilóxica e irresponsable.

 

O Consello Comarcal de EU Coruña afirma que a Xunta de Galicia está a xogar coa saúde dos consumidores do producto extraído na zonas reclasificadas como aptas para o marisqueo na ría do burgo, polo que esixe a inmediata revogación da clasificación das zonas B que foron reclasificadas sen datos científicos e a conseguinte prohibición da comercialización dos seus produtos.

 

Para César Santiso, responsable de organización nacional e membro do Consello Comarcal de EU Coruña, a actitude da Consellería do Mar, responsabilizando do erro á asistencia técnica da Confraría de Pescadores, resulta mezquina e vergoñenta. Segundo César Santiso “semella inconcibíbel que se pretenda disfrazar unha decisión política como un erro técnico. Máis se cabe cando os mariscadores e Esquerda Unida levamos meses denunciando que os puntos de mostra estaban fora da zona, e así se lle fixo saber a Xunta de Galicia en repetidas ocasións”. 

 

Santiso finalizou indicando que “este tipo de argucias amosan ven as claras a política populista que está a desenvolver a Xunta do PP. Primeiro toma decisións en contra da cidadanía para favorecer intereses económicos escuros e cando os afectados e a esquerda alternativa, que sempre está a prol dos desfavorecidos e contra as inxustizas, conseguen acaparar a atención mediática e facer públicas as súas denuncias, a Xunta desvía responsabilidades de maneira pueril”.   

Relacionados