Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, preguntou esta mañá na Comisión de Sanidade o motivo polo que o Goberno “decidiu premiar a xestión de Félix Rubial” por unha toda unha xestión ineficiente “dunha área sanitaria que está á cabeza en canto a privatizacións, precariedade e listas de espera se refire” e esixe explicacións ao Goberno para “non ter cesado a esta persoa no momento no que foi imputado por presunto homicidio no caso dos medicamentos da Hepatite C”.
Segundo explicou Eva Solla no comezo da súa intervención, “este verán viviuse un ‘baile’ de responsables das xerencias dos hospitais que non é novo, xa que vén sendo bastante habitual que se muden entre eles. De feito, nos preocupa bastante que unha persoa que mostrou que non servía para o seu posto, como o señor Ruibal, fora movido dende Vigo a Ourense. Se trata dunha persoa que foi imputada por presunto homicidio imprudente, un elemento que debería facer que, polo menos, non se lle encargase ningunha responsabilidade de calado”, dixo.
“É certo que o xuízo vai lento, pero nos parece de gravidade extrema. É un caso sensible e nos parece inadmisible que unha persoa imputada poida seguir a ter a xerencia dun centro. Pero, ademais neste caso se lle traslada a outro sen importar nada. É por iso que nos gustaría que nos aclarase se isto é normal”.
“Esta persoa ten nas súas costas unha serie de problemas en Vigo que, entre outras cousas, levou ao desastre co traslado do propio Hospital, no que se chegara a levar material en coches particulares e motivou unha mobilización histórica e unha das máis grandes de Galicia”, lembrou. “A folga das técnicas auxiliares de enfermaría polo conflito da roupa sucia, no que se abriu expediente a compañeiras; a folga de persoal celador, en contra privatizar as súas funcións ou a dimisión dunha vintena de xefes de servicio pola mala xestión e ausencia de diálogo… tan só son exemplos de conflitos con incapacidade de resolución por parte deste xestor”, dixo.
Con todo, “chámanos a atención que, lonxe de apartar da xestión sanitaria a esta persoa, a Consellería de Sanidade o traslade como xerente para Ourense”, unha área sanitaria que se caracteriza nos últimos anos por ter que aguantar malas xerencias como a de Eloína Núñez, curmá do actual presidente da Xunta.
Esquerda Unida vén de denunciar xa nos últimos anos problemas na sanidade pública en relación ás privatizacións, precariedade ou listas de espera e seguiremos a loitar contra o desmantelamento da nosa sanidade pública.
Ver a súa intervención en: