Eva Solla critica a falta de recursos para o persoal sanitario na valoración dos Orzamentos de 2018

Eva Solla vén de valorar en Comisión os Orzamentos para 2018 en materia de Sanidade e critica, de novo, a falta de recursos, sobre todo para o persoal, máis concertos coa sanidade privada e uns orzamentos con partidas cada vez máis opacas, como a reparación de centros de saúde.

Concretamente, Solla afeou o investimento en Atención Primaria e o incremento da partida para concertos privados, tamén fixo fincapé en que é “pouco presentable incidir nos mesmos erros a pesar do que di o Consello de Contas, que todos os anos fai advertencias de como correxilos. E vostedes voltan traer uns orzamentos iguais, cos mesmos erros”, dixo. “Este ano, en vez de repor o persoal que se eliminou, volven a facer máis recortes. Ademáis, teñen que estar ampliando crédito para xustificar contratacións de persoal eventual”, sinalou.

“Agora, se vén defenden unha recuperación e crecemento de partidas, non se entende por que fixeron recortes tan graves en Atención Primaria”, dixo.

Ver a intervención dende aquí

Relacionados