🎙 Eva Solla sinala en Onda Cero a necesidade de artellar unha candidatura forte para frear os recortes da dereita

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla, vén de ser entrevistada no programa “La Brújula de Galicia”, de Onda Cero, no que falou sobre diferentes temas de actualidade política, como a situación do paritorio de Verín, a AP-9 o ‘pin parental’ ou a confluencia da esquerda rupturista en Galicia.

Respecto ao paritorio do Hospital Comarcal de Verín, Eva Solla o ten claro: “É un triunfo da veciñanza e foi un grave error do PP intentar pechalo”.

 

No que responde ao ‘pin parental’, a coordinadora naciona de Esquerda Unida, Eva Solla sinalou que esta medida “é antidemocrática e vai contra o interese das e dos menores; non creo que o veto individual axude a ter unha educación completa, integral e en valores”, apuntou.

 

Outro dos temas polo que foi preguntada foi a AP-9, “unha vía que as galegas e galegos temos máis que pagada. É necesario que se eliminen as peaxes abusivas”.

 

De cara ás vindeiras eleccións, Solla e Sanluís falan sobre a candidatura de Esquerda Unida, encabezada por Eva Solla, para as Eleccións Autonómicas á Xunta de Galicia, “unha candidatura feminista e preparada para facer fronte aos dez anos de recortes da dereita”. Tamén falaron sobre a necesidade de ter xuntanzas e seguir no camiño do diálogo co resto de organizacións para chegar a acordos e facer unha candidatura forte.

 

Podedes escoitar a entrevista íntegra dende a web de Onda Cero:

Relacionados