Externalización conserxería de emprego

 

O Consello Comarcal de Esquerda Unida na Coruña rexeita a externalización do servizo de conserxería do centro municipal de emprego. Nesta ocasión o concello inviste 88.000 € anuais para que a empresa adxudicataria desenvolva un traballo que podería cubrirse con empregados públicos por unha terceira parte do seu costo. Pois o traballo consiste en de abrir, controlar o aceso e pechar as instalacións así como, custodiar as chaves das dependencias, distribuír o correo e os xornais, atender as chamadas telefónicas, preparar as aulas e as actividades programadas e manipular os aparellos que se utilicen nas salas destinadas á formación.


Esquerda unida lamenta que, unha vez máis, o concello coruñés amose a súa incapacidade para xestionar o público, polo que prosigue coa súa política de privatización encuberta a través da externalización de servizos municipais. Estas actuacións veñen a significar o desenvolvemento de políticas neoliberiais propias do PP, non dun goberno que se di de esquerdas, polo que EU considera que se está a enganar a cidadanía coruñesa.

 

Resulta lamentable que as coruñesas e os coruñeses teñamos que soportar un Goberno incapaz de desenvolver servizos públicos eficientes e de calidade, máis si cabe cando o problema non é orzamental, senón de incapacidade para xestionar recursos humanos baixo o principio constitucional de eficacia.

Relacionados