Pronunciamento sobre Hospital

 

En congruencia coas manifestacións públicas efectuadas polo noso Grupo nestes días atrás, Esquerda Unida formulou na Comisión informativa de hoxe, a demanda de que o concello teña un actitude activa e protagonista para conquerir a mellora do servizo de transporte urbano mediante o alongamento do traxecto dos autobuses para que estes cheguen até as dependencias sanitarias.

 

De resultas da formulación desta cuestión, EU felicítase polo acordo unitario acadado no seo da devandita Comisión, consistente en  que o concello de Ferrol se dirixa a Xunta de Galicia para que esta institución resolva de maneira urxente e inmediata unha demanda razoable e posible dende xa, sen que sexa preciso agardar a conclusión da sinatura do plan de transporte metropolitano por todos os concellos. Resolución consistente na prolongación das liñas de transporte urbano para que desta maneira cheguen ate as dependencias sanitarias do vello Hospital Naval, para desta maneira atender a demanda   e reclamacións de diferentes e numerosos colectivos que coñecen e sofren a irracionalidade do non remate da liña.

 

Esquerda Unida agarda que o Goberno Municipal cumpra con dilixencia e firmeza  este acordo e sexa posible desta maneira que a Xunta de Galicia resolva esta demanda tan necesaria para a nosa veciñanza.

Relacionados