Incomunicación da Xunta no Montel Touzet

 

Pero o que é inadmisible e que a día de hoxe, coas clases xa empezadas, os pais e nais do alumnado non recibiran comunicación oficial algunha por parte da Consellería de Educación, nin para avisar do atraso nin para comunicar o traslado dos alumnos ao colexio Curros Enríquez. Xa que logo, os proxenitores decatáronse da situación pola prensa e por avisos particulares que se enviaron entre eles tras coñecer a noticia os pais e nais membros do consello escolar.

 

Esquerda Unida lamenta que esta nova descoordinación entre a administración coruñesa e a autonómica este a causar graves trastornos a rapaces, pais, nais e resto da comunidade educativa do Montel Touzet. Os alumnos perden clases e tense que acostumar a un novo entorno, os profesores teñen que modificar o seu posto de traballo con todo o que supón, a Xunta ten que investir economicamente para adecuar o CEIP Curros Enríquez e os pais e nais, que son os que levan a peor parte, ten que facer malabares para poder conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal.

 

Asemade, O Consello Comarcal da Coruña considera que o atraso nas obras do colexio Montel Touzet débese a unha nova eiva na xestión municipal do Goberno coruñés. Xa que, segundo informou a Xunta de Galicia, está solicitou a licencia de obras no mes de abril, e o concello coruñés nunha nova mostra de ineficacia e absoluto desprezo pola cidadanía coruñesa tardou máis de dous meses en conceder o devandito permiso, así pois as obras no comezaron ata a segunda metade de xullo.

 

A Xunta de Galicia tampouco está libre de culpa, pois unha obra de esta envergadura, na que substitúe a cuberta, a estrutura que a sostén e os falsos teitos, require maior planificación e solicitar os permisos con moita máis antelación.

Relacionados