Vanessa Angustia, ao presidente de RTVE: “Ningunha das 12 películas subvencionadas neste 2017 ten como directora a unha muller”

Vanessa Angustia, senadora de En Marea, reprocha a José Antonio Sánchez a política de subvencións e compra de dereitos de emisión de producións audiovisuais que practica o ente público. Tal e como a senadora galega detallou, das 32 películas españolas subvencionadas a través da nova Lei do Cinema, tan só 2 estaban dirixidas por mulleres. “Só vostede podía cumprir co reto de facelo aínda peor, pois, baixo o seu mandato, das 12 películas subvencionadas nin unha soa vai ser dirixida por unha muller”, sinala Angustia.

Pola súa banda, o presidente da Corporación RTVE, Sánchez, recoñece en Comisión que RTVE vulnera a Lei 3/2007 para a Igualdade efectiva de homes e mulleres, “ao non pór en marcha políticas activas de axuda á creación de autoría feminina”, como obriga a norma legal. Ante esto, Vanessa Angustia sinalou que “temos un presidente de RTVE que non ten a menor desvergoña á hora de acudir a sede parlamentaria e recoñecer que o ente público non cumpre coa Lei de Igualdade”.

A senadora Vanessa Angustia incidiu, aínda máis, nos criterios de selección das producións audiovisuais subvencionadas por RTVE: “aos máis de 2 millóns de euros de perdas recoñecidos en 2015 hai que sumar exemplos clarificadores, como o dunha película que, subvencionada con 726.000 euros, apenas recadou en despacho de billetes 24,80 euros, e a súa emisión en TVE apenas tivo unha audiencia de só 137.000 espectadores”. Recentemente, ademais RTVE decidiu eliminar do seu arquivo, por non cumprir cos estándares de calidade esixidos na televisión pública, un total de 104 películas cuxo custo ás arcas pública supuxo un desembolso de máis de 25 millóns de euros.

Relacionados