Incremento dos gastos en dietas

 

O que consecuentemente bloquea a xeración de emprego, actividad fundamental as que deberíanse ocupar todos os poderes públicos.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que os orzamentos non reflictan as necesidades reais da veciñanza, loitar contra o desemprego e mellorar a mobilidade da Coruña, por iso os denominamos “os orzamentos do paro“. O balance en canto ao investimentos para fomentar a economía produtiva é desalentador: tan so uns exiguos 700.000 € para dinamizar o comercio local, sen medidas de apoio a PEME e autónomos, sen plan de apoio a emprendedores

 

Esquerda Unida critica o incremento do 9% no importe da partida económica destinada a dietas. Unha vez máis o equipo de goberno municipal di unha cousa e fai a contraria, pois anda a anunciar que estes orzamentos confeccionáronse seguindo o criterio de eliminar gastos superfluos para dedicar os aforros resultantes a blindar o gasto social.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que non se poden eliminar cuarto millón de euros destinado ao polideportivo do Castrillón para gastalo agora en dietas.

 

Esquerda Unida cree que os gastos en dietas lonxe de ser gasto necesario, son gastos superfluos que deberían reducirse e non aumentarse nun modelo de xestión baseado na austeridade. O incremento de máis dun 9% da partidas orzamentarias correspondentes aos códigos económico 230 e 231 “dietas e locomoción” e unha mala nova para a cidade, que ve este concepto orzamentario se leva moitos máis cartos que os destinados a, por exemplo, a Convocatoria de Axudas Públicas a emprendedores, que só está dotada cun importe de 180.000 euros. En concreto os correspondentes ao código 23020 increméntanse nun 77%.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “esta é a maneira que ten o goberno municipal de entender a austeridade, gasta máis en dietas do que Inviste en apoiar aos emprendedores”.

Relacionados