Ferrol Sanidade e dependencia

As rúas, os mercados, os centros de saúde, as empresas, os espazos públicos constitúen nesta campaña o primeiro espazo para achegar as propostas transformadoras e alternativas da coalición para conquerir unha saída social e de esquerdas á crise.

Xosé María Dobarro vai salientar nesta xornada a importancia capital que teñen os servizos públicos como elementos conformadores do exercicio dos dereitos de cidadanía: sen sanidade pública ou ensino público, sen xustiza rápida e con medios, non hai posibilidade de sermos cidadanía con dereitos para os máis desta sociedade, os que vivimos de vender a nosa forza  de traballo en troques dun xornal, subliñou o catedrático de lingua e literatura galega da UDC.

Nese senso, o candidato explicará a proposta dun gran acordo político e social para garantir un financiamento suficiente, que permita un servizo público, universal e gratuíto. Emprazou o candidato a PSOE e PP a rematar coa continua ampliación dos concertos con centros privados, a privatización dos novos hospitais e centros de saúde, baixo a fórmula do financiamento mixto e das agresións aos dereitos dos usuarios e usuarias coas listaxes de espera e a falla de recursos.

“Non podemos permitir o repago porque hai recursos abondo para evitalo se gravamos con outra política fiscal aos responsables da crise que son ao mesmo tempo os seus beneficiarios” denuncia Xosé María Dobarro. 

Roberto Artabe sintetizou algunhas das medidas centrais no eido da sanidade:

        Acordo político para incrementar o financiamento do sistema e enxugar o seu déficit.

        Garantir o carácter público do sistema.

        Aumento do catálogo de coberturas.

        Fomento da menciña preventiva e da atención primaria.

        Rexeitamento de calquera tentativa de exclusión de persoas do sistema, como pretende agora o PP na súa vindeira lei de orzamentos en Galicia.

 

A coalición de EU – Os Verdes presentará no Congreso unha proposición para acadar un financiamento e xestión pública para desenvolver na súa totalidade a lei para a promoción da autonomía persoal.

Relacionados