Incumprimento acordos plenarios

En dito pleno aprobáronse os modelos de declaracións de actividades e bens patrimoniais dos concelleiros de Nigrán, conforme se indica no artigo 75.7 de da lei reguladora das bases do réxime local, acordándose que mentres non se aprobara a normativa de desenvolvemento procederase á publicación dun resumo no BOP.
Dito acordo, que foi aprobado por unanimidade, non foi executado nin polo alcalde da corporación anterior, do PSOE, nin polo da actual corporación do PP, que son os responsábeis de facer cumprir os acordos do pleno.
Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida, a actitude do PSOE e o PP en materia de transparencia é hipócrita, xa que aproban grandes leis sobre a transparencia, que deixan a súa aplicación a desenvolvementos regulamentarios que nunca realizan, polo que ditas leis quedan en papel mollado, ou directamente non cumpren os acordos relativos a materia como é o caso de Nigrán. Hai que lembrar que a transparencia é unha das ferramentas de loita contra a corrupción, así como para que exista unha democracia real e participativa.
Esquerda Unida pedirá ao concello de Nigrán que se cumpra dito acordo plenario e que se publiquen no BOP todas as declaracións feitas polos concelleiros, para que a cidadanía sepa que concelleiros e cales non cumpren a lei que lles obriga a formular ditas declaracións.

Relacionados