Limpeza de cunetas na Pedreira

 

 

A limpeza das cunetas, somos conscientes que é unha competencia da Xunta de Galicia, que está facendo deixación das súas funcións, polo tanto dende o noso grupo municipal levamos meses propoñendo que se presione á Xunta para que cumpla coas súas obrigas.

 

Agora, tamén levamos meses propoñendo que o Concello limpe a maleza das cunetas, si non o faí a Xunta e que posteriormente lle pase a factura. No pleno ordinario de setembro, se aprobou por unanimidade unha moción presentada por nós que acordaba, o seguinte: despois dun tempo prudencial o concello cortara a maleza das cunetas si non o faí a Xunta de Galicia.

Pois ben, maña vaíse celebrar o pleno ordinario de outubro e a maleza sigue invadindo as cunetas co risco que ten para os vehículos e para os viandantes.

 

É dicir, un mes despois o grupo de goberno aínda non considera que pasou un tempo prudencial.Para o GM de EU-IU xa pasou ese tempo prudencial, e é o momento de que o grupo de goberno corte a maleza para evitar riscos maiores e esa imaxe de abandono que transmitimos.

 

O GM de EU para reforzar a necesidade de acometer esta limpeza, puxo en marcha unha campaña baixo o titulo:”Salto de cunetas”.Taboleiros que como mostra a foto adxunta están colocados a través do recorrido.

 

Mugardos, 28 de outubro de 2010

Portavoz do GM de EU-IU

Asdo. Pilar Díaz Otero

Relacionados