Xa que logo, Esquerda unida apoia a manifestación “en defensa do naval” “polo futuro da cidade de Vigo”. A Executiva Nacional estará representada polo seu responsable da area de Traballo, Xosé Henrique González Lago, tamén acudirán os distintos responsables comarcais e locais.
Esquerda Unida considera que os principais causantes da actual situación do naval son o PSOE e PP co desenvolvemento das súas políticas privatizadoras. Agora, aparecen diante dos traballadores e traballadoras vendendo fume coa única intención de captar o foco mediático, pero sen ofrecer ningunha solución real. EU recorda que o PSOE e o PP deben de asumir as súas responsabilidades na progresiva desaparición dos asteleiros en toda España.
Con todo, Esquerda Unida segue a estar ao lado dos traballadores e traballadoras da ría de Vigo e da súa comarca.
EU propón que se poña baixo control estatal as empresas do sector naval para garantir os postos de traballo, xa que as axudas amósanse ineficaces pois so serven para enriquecer a uns poucos.
Esquerda Unida chama a cidadanía a participares na manifestación que se desenvolverá as 19:30 h. en Vigo dende a factoría de Vulcano ata Praza da Estrela (Oficinas da Xunta de Galicia).
O futuro do naval esta en xogo, o de Vigo e o de Galicia, tamén.