Existen outras solucións. Esquerda Unida entregounas ao Presidente do Goberno fai máis dun ano e discutiunas en reunións co Goberno. Pero o Executivo plegouse ás esixencias do capital financeiro. Estamos baixo unha ditadura financeira que vai a por todas; a por os servizos públicos, a por as pensións e a por as Caixas de Aforro.
As medidas do Goberno fan pagar a crise aos de sempre, aos traballadores, aos empregados públicos, aos mozos e ás mulleres. Non hai nin unha soa medida para que paguen os poderosos, que son os que xeraron a crise.
Hai outra forma de combater o déficit. Pódense aumentar os ingresos do Estado facendo pagar aos que máis teñen. Resulta indignante que haxa que conxelar as pensións mentres un alto directivo da Banca vaise a xubilar con 87 millóns de euros de pensión. Non é aceptable, e EU non o vai a aceptar, que se reduza o salario aos empregados públicos (moitos deles mileuristas) mentres en moitas institucións, empresas públicas e outros organismos hai salarios que multiplican por varios enteiros o do Presidente do Goberno. É escandaloso que os executivos das grandes empresas que cotizan no IBEX 35 teñan unhas retribucións que son 17 veces o salario medio dos empregados desas empresas.?, recorda o Coordinador xeral de EU.
De forma urxente, pódese restaurar o Imposto do Patrimonio, que perdoou máis de 2.200 millóns aos máis ricos. Pódense facer aflorar para que entren no circuíto do consumo e paguen os seus impostos as decenas de millóns de billetes de 500 que están escondidos e son diñeiro negro. Pódese facer tributar aos grandes millonarios por cuxas sociedades patrimoniais de investimento só pagan o 1%.
Cremos que chegou a hora da mobilización, porque o Goberno transpasou todos o límites. Queren acabar o escaso estado de protección social que hai en España.
O pretendidos líderes europeos e mundiais, Zapatero, Merkel, Obama, non son máis que lacayos das persoas propietarias dos grandes capitais: os grandes banqueiros, os executivos e titulares dos xigantescos fondos de investimento, de pensións, as grandes multinacionais; persoas con moito poder que non se someten a eleccións.