Xuntanza con EQUO

A xuntanza que se desenvolveu nun clima amigábel e participativo serviu para constatar que Esquerda Unida e EQUO coinciden na necesidade de acadar un amplo consenso das forzas de esquerdas e verdes, porque vivimos tempos excepcionais que nos obrigan a medidas excepcionais na defensa da maioría social que está a sufrir as consecuencias dunha crise provocada pola avaricia do capital co consentimento dos partidos maioritarios.

Equo e Esquerda Unida apostan por diálogo, esforzo, entendemento e xenerosidade para acadar a unidade necesaria que permita mudar as políticas antisociais que vive o noso país. Ambas as dúas organizacións apostan por acadar un mínimo común múltiplo que permita confeccionar unha grande alianza que sexa quen de plantar cara ás políticas neoliberais desenvolvidas polo PP que tanto dano están a facer á cidadanía e ao noso medio natural.

Equo consultará mañá ás súas bases pola conveniencia dunha coalición electoral mentres que Esquerda Unida ten convocado consello para tratar o proceso de converxencia coas diferentes forzas políticas da esquerda anticapitalista e o proceso electoral. Apesares de que os prazos son curtos para crear unha coalición electoral que sexa quen de ilusionar á cidadanía e desbancar ao PP do goberno da Xunta, e que o realmente importante, non é o proceso electoral senón construír os alicerces dun novo suxeito político e social que sexa quen de exercer políticas hexemonías de esquerdas, EU está a traballar moi duro por acadar a devandita coalición de cara a formar a Syriza galega.

 

Relacionados