Moción tráfico

 

Dende EU décimos que algunha culpa a ten os vecinhos que viven no centro xa que non colaboran e queren chegar co coche ata o punto de destino, podendo facelo a pe.

 

O concelleiro de tráfico dixo que faría un plan para evitar o caos circulatorio e ata día de hoxe todo esta peor. Por Concepción Arenal os autobuses baixan con moita dificultade (A verdade e que non baixa ningún)  e para  saír é unha tortura para os condutores.

 

Na R/ Enrique Mª Sexto e Manuel Álvarez estacionan  nas curvas, cando chove e fins de semana o tráfico é mais denso, fanse uns atascos de 300 m, e isto se dificulta polo estacionamento en dobre fila. ¿Por que non se ven gardas municipais por esta zona? ¿Onde están os 8 gardas municipais? “Un da paso e o outro manda parar”, caos total……etc.

 

¿Cando teremos a R/ de Galicia sen turismos para dar saída cara Baiona e Tui?

 

¿Cando os autobuses e taxis  estarán fora do casco urbano?  Pomos un exemplo: os Taxis poden estar na R/ Avd de Portugal.

 

 A Estación de autobuses a día de hoxe é unha centro para o chute e trapicheo, e algunhas veces local para concertos, e revisión da ITV.

 

DENDE  EU SOLICITAMOS:

 

Que o concelleiro de tráfico ponha en marcha algunha iniciativa de colleita propia ou allea.          

 

Que se dirixa a Consellería de Medio ambiente, Territorio, Infraestruturas Dirección de Transportes (CP TOPV) para que os autobuses e Taxis fagan uso das instalacións.

Relacionados