Zona rural

 

 

Esquerda Unida esixe de Fomento que asuma as súas responsabilidades coa nosa cidade, en particular coa Zona Rural, coas parroquias de Doniños e Mandiá afectadas de xeito severo polas obras realizadas polo Ministerio nesas áreas.

 

Este Grupo quere  lembrar  a situación de abandono das demandas unha e outra vez reiteradas  da Zona Rural, da man da falla de previsión  do Goberno e a súa neglixente execución das actuacións comprometidas.     Neste senso,  Esquerda Unida aproveita para reclamar do Goberno información acerca da falla de cumprimento do acordo orzamentario, que contemplaba a inclusión de cse un millón cen mil euros  para atender a situación de abandono da Zona Rural, partida que foi unha das esixencias achegadas por Esquerda Unida nesa negociación.

Relacionados