Nota de prensa EU Cedeira

 

 

Queremos lembrar que esta persecución comezou coa folga por un despido improcedente hai un ano. Mobilización de loita dos traballadores e traballadoras  que puso  contra as cordas tanto á empresa coma ó concello.

 

Dende entón os ataques contra o noso compañeiro aparellaron  unha retención de parte do seu salario pola empresa, situación que aínda perdura   a pesares do acordo ó que chegaron as partes sobre o asunto. Subliñar que tamen cabe decir que dito compañeiro foi relevado a traballos penosos que non lle corresponden a pesar de ter un certificado médico que o incapacita parafacelos. Actualmente está de baixa por depresión.

 

Esquerda Undida entende que o concello ten unha responsabilidade  posto que os servizos primarios eran xestionados por el ata que na epoca de PP foron traspasados a una empresa, que só está atenta a súa conta de beneficios, non a sorte e dereitos da plantilla nen a mellorar o servizo que se presta  á cidadanía de Cedeira.

 

Nen o PP entón, nen logo a cegada do tripartito modificaron a despreocupación do  Goberno Municipal pola situación deste compañeiro en particular nen da plantilla en xeral, onde se produciron máis casos de acoso laboral, nun clima xeral de mala relación entre plantilla e empresa concesionaria.

 

O colectivo de EU Cedeira reclama do Goberno Municipal que cambie de actitude e vele tanto pola situación da plantilla canto pola mellora dos servizos prestados pola empresa concesionaria.

Relacionados