sanidade.jpg - 3.91 Kb

Novo pediatra

 

A organización Esquerda Unida fíxose eco da noticia publicada na Voz de Galicia do domingo onde aparecían unha nova asignación na especialidade de pediatría cunha nova suposta incorporación.

González Lago pídelle a Pilar Farjas que explique publicamente ante tódolos medios de comunicación como vai quedar o servicio na quenda de tarde finalmente, xa que esta organización presentou un total de 1151 firmas en prol dun novo pediatra de tarde, pero tamén esixindo o servicio de pediatría de fin de  semana en urxencias.

A Esquerda Unida cónstalle que a pediatra actual de tarde cun cupo de preto de 1.200 nenos e nenas tiña pedido o seu traslado, e por este motivo a Consellería de Sanidade debe de explicar si esta nova incorporación se debe para cubrir a praza libre o si polo contrario e para duplicar o servicio.

Esquerda Unida sospeita que a Conselleira de Sanidade pretende vender publicamente un novo posto de traballo cando en realidade tratase simplemente da cobertura dun traslado.

Relacionados