CAMF

 

En conexión con esta primeira demanda, Sari Alabau reclama do Goberno Municipal que proceda a formular na Comisión de Benestar unha proposta de incremento e adaptación para a partida de bonos sociais para o uso do taxi adaptado, para deste xeito atender a todas as persoas usuarias deste servizo cuxo nivel de ingresos así o xustifique.

 

A concelleira de Esquerda Unida, membro da Comisión informativa de Benestar, lembra que estas demandas forman parte do acordo plenario de abril deste ano, no cal o Pleno da Corporación pronunciouse a favor,  de maneira unánime,  de que o concello propicie unha mellora nas condicións de prestación deste servizo para as persoas cunha discapacidade, en particular para os usuarios do CAMF.  Proposta e acordo plenarios que se produciron a instancias dunha moción presentada para ese Pleno por Esquerda Unida.

 

A nosa organización considera que o Goberno Municipal ten que render contas das xestións desenvolvidas, se as houbo, para cumprir este acordo plenario, que supón unha mellora no eido de propiciar a integración das persoas con discapacidade física que residen na nosa cidade. Integración que ten o hándicap engadido dunhas baixas rendas económicas nos máis dos casos.

 

Xa no texto expositivo do acordo plenario manifestabamos que o obxectivo central das propostas contidas era propiciar e dar pasos certos, para garantir a integración deste colectivo na vida social da nosa cidade.

Relacionados