O ensino básico é obrigatorio e gratuíto

Este ataque á igualdade de oportunidades e á equidade do sistema educativo vulnera o dereito á educación da nosa cidadanía.

Por outra banda, o vindeiro curso 2014/2015 preténdese que entre en vigor a LOMCE nos cursos de 1º, 3º e 5º de primaria e tamén en 1º de Formación Profesional Básica, o que afectará a mais de millón e medio de estudantes que terán que cambiar os seus libros de texto antes do mínimo que establece a lei: catro anos.

Todos estes cambios parten dunha imposición unilateral do Goberno central e o partido político que o sustenta: o PP, que segue mantendo esta postura ante o rexeitamento da inmensa maioría da sociedade, que esixe a súa retirada inmediata.

Esquerda Unida súmase a este rexeitamento e xa puxo en marcha a campaña ‘LOMCE NON: Insubmisión. Hai alternativa’, un día despois da aprobación definitiva no Congreso da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa. Esta campaña de insubmisión e desobediencia civil ao contido da contrarreforma educativa que o Goberno do PP sacou adiante en solitario no Parlamento inclúe a elaboración e difusión dun ‘Manual de desobediencia’ dirixido a toda a comunidade educativa, entre outras accións, como a de esixir ao goberno da Xunta unha memoria de impacto económico da LOMCE  no noso ámbito territorial, detallando os custes que supón a súa aplicación, para denunciar a falta de recursos e agudizar contradicións entre o goberno central e o autonómico.

Asemade felicitamos á Comunidade Educativa (nais e pais, docentes e alumnado) polo acordo tomado no Consello Escolar Municipal da resolución presentada pola Federación de ANPAs de Centros de Ensino Público das comarcas Condado-Paradanta e Louriña, na que se insta ás administracións educativas a que garantan o dereito ao ensino gratuíto, incluíndo material escolar, en todos os centros sostidos con fondos públicos.

Relacionados