Obras FEIL Canido

 

A nosa organización considera que con estas inaceptables realidades se lastiman as condicións mínimas coas que os traballadores teñen que realizar os seus traballos. Hoxe temos que denunciar a situación que teñen que enfrontar  os traballadores nas obras de Canido como onte denunciabamos as infraccións nas condicións de seguridade e traballo da que é obxecto a plantilla de Urbaser.

 

Esquerda Unida esixe do Goberno Municipal que execute a axeitada inspección das obras dependentes do concello ao obxecto de garantir as condicións de traballo axeitadas para as persoas que nelas desenvolven a súa xornada laboral.

Relacionados